Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

As axudas ao alto nivel tamén darán acubillo a deportistas de apoio e guía

Comeza hoxe o prazo para solicitar as bolsas e teranse en conta os resultados do ano 2019

Santiago. Hoxe mesmo comeza o prazo para presentar as solicitudes para as Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel 2020, cuxas bases veñen de ser publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) pola Secretaría Xeral para o Deporte a través da Fundación Deporte Galego.

Así, a pesar da actual situación de pandemia a Xunta sinala que mantén as liñas de axuda para federacións, clubes e deportistas, co obxectivo de “mellorar o seu rendemento deportivo e axudalos na súa dedicación ao deporte de elite”.

Desde a súa posta en marcha no ano 2005 son xa máis de 5,5 millóns de euros invertidos nestas axudas, beneficiando a máis de 800 deportistas en década e media.

Nesta ocasión a gran novidade é a creación dunha liña para deportistas de apoio e deportistas guía (DA), pois a intención é incrementar o soporte aos competidores DGAN (Deportistas Galegos de Alto Nivel) paralímpicos ou de deporte adaptado que necesitan a participación doutra persoa.

SEIS TIPOS. A Xunta desenvolve seis tipos de axuda, que serán asignados segundo os resultados acadados no pasado ano 2019, pois non se terán en conta os exercicios anteriores. A Secretaría Xeral para o Deporte lembra que, ao igual que na anterior convocatoria, poderán solicitar estas bolsas aqueles recoñecidos como Deportistas Galegos de Alto Nivel nalgún momento dos anos 2019 ou 2020, a pesar de que neste momento non conten con esa catalogación.

Actualmente son 521 os deportistas de alto nivel en Galicia, o maior número desde que se puxo en marcha o programa, e dezasete deles pertenen a modalidades de deporte adaptado.

Ademais, a pasada semana a Xunta publicou o decreto para regular o deporte de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo en Galicia, que suporá un impulso importante. REDACCIÓN

06 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.