Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ata 26 atletas galegos van o Nacional Sub18

Xela Martínez, favorita para o título na proba dos 1.500 m. e a velocista do Val Miñor Ainhoa Repáraz, parte das representantes destacadas

Un total de 26 atletas son os que de maneira provisional figuran inscritos e inscritas no Campionato de España Sub18 que se vai desenvolver durante esta fin de semana no Palau Velódromo Lluis Puig de Valencia. A lucense Xela Martínez parte como indiscutible favorita para o títitulo na proba dos 1.500 m. logo de que no recente Campionato Nacional Absoluto, lograra o récord de España Sub18 e Sub20 sobre esta mesma distancia.

A velocista do Val Miñor Ainhoa Repáraz será outra das atletas destacadas que tomen parte nesta cita e cuxo obxectivo será por unha banda defender o título nacional logrado o ano pasado e pola outra mellorar a súa actuación do absoluto en Ourense.

Enma Sihuang Pérez da Atlética Lucense, figura inscrita no concurso de altura ao que acude ca terceira mellor marca. A saltadora de pértega do Celta Lisa Vosberg - debutante nesta categoría- viaxa nun excelente estado de forma. O ano pasado sendo Sub16, lograba o bronce en Oviedo, metal que intentará mellorar nesta edición. E atención a un novo valor emerxente no sector de triplo, Xoel Otero do A.A.Mazí.

Outras das atletas a ter moi presente é Carlota Salgado a quen veremos tanto no concurso de altura como de combinadas. A atleta do Celta que recentemente estreaba internacionalidade. Alicia Barreiro do Ría Ferrol e Fabián Vidal do Barbanza nos 400 m.; Ricardo Negrete do Ría Ferrol nos 800 m., Sergio Quintas do C.D. La Purísima nos 1.500 m., Daniel Cariñena do Millaraio na lonxitude e Fernando Vallines do Maderas Barcia Lourenzá en peso, son outros aspirantes a estar nos postos importantes desta cita que podease seguir en directo a partir do sábado na web www.laligasportstv.com.

04 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito