Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ata 500 atletas e figuras internacionais de ximnasia rítmica chegan a Santiago

Esta fin de semana vaise celebrar o torneo Xacobeo-Jael, que organiza o Club Viravolta no Multiusos Fontes de Sar

Medio milleiro de xoves atletas, entre elas primeiras figuras do panorama internacional, participarán os días 26 e 27 de novembro de 2022 no Xacobeo de Ximnasia Rítmica I Torneo Internacional Viravolta‐Jael e II Gala Internacional de Ximnasia Rítmica, que organiza no Multiusos Fontes de Sar o Club Viravolta.

Co apartado competitivo concentrado nas mañás do sábado e do domingo, ximnastas de primeiro nivel de toda Europa participarán o sábado pola tarde na Gala Internacional, amadriñada pola olímpica española Carolina Rodríguez. No apartado competitivo, o sábado 26 serán 350 as participantes, e o domingo máis dun cento. Longines e Jael Joyería, xunto co Xacobeo 21‐22 son os patrocinadores principais da cita, que conta co apoio da Xunta de Galicia, a través de Deporte Galego, o Concello de Santiago e a Deputación da Coruña.

Na organización do torneo colaboran desinteresadamente numerosas empresas e entidades galegas
e esta edición terá de no-
vo unha vertente solida-
ria, posto que parte da recadación se destinará a financiar programas de apoio a nenos diagnosticados de cancro e as súas familias a través de ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia). As entradas xa están á venda a través da web https://clubviravoltasantiago.com/torneo‐de‐gimnasia‐ritmica/.

A directora do torneo, Wendy Rey, destaca o feito de que compitan “corenta clubs de toda España e de Portugal”, e de que na Gala de exhibición do sábado pola tarde participen “varias das ximnastas máis destacadas do panorama actual”. “O nivel das competicións, que se desenvolverán o sábado e o domingo pola mañá, é excelente; e a participación de estrelas na gala do sábado pola tarde é tamén un premio para todas as persoas que practican este deporte. Convivir con ximnastas que son auténticos ídolos é a mellor maneira de motivar”, afirmou a directora.

Estrelas convidadas á Gala. Entre as internacionais que acudirán á Gala do sábado pola tarde están Annaliese Dragan (Romania), Noga Block (Israel), Daniella Munits (Israel), Michelle Munits (Israel), Panagiota Lytra (Grecia), Eleonora Tagliabue (Italia), Giorgia Galli (Italia), Ekaterina Vedeneeva (Eslovenia), Elzhana Taniyeva (Casaquistán) e a ucraína Polina Karika, que participará pese ás enormes dificultades que a guerra está ocasionando no seu país de orixe. En canto á participación española, destacan Natalia García, Gerard López, o Conxunto Sénior RFEG, Alba Bautista RFEG, Polina Berezina, Teresa Gorospe, Sofía Kharytonchuk, Sofía Smerteniuk, Cristina Korniychuk, Lucía González, Sofía Kharytonchuk, Sol Martínez e Paula Serrano; e as galegas Candela Martínez Bobo, Lúa Pajares e Felipe Meijueiro (Galicia).

O director de Jael Joyería, Chema Fernández, asegura que que “un deporte con tantas licenzas e practicantes como ten a ximnasia en Galicia merecía un torneo destas dimensións”.

“Queremos poñer no lugar que merece a este disciplina e destacar os valores que promove entre a xente nova: superación, espírito de equipo e responsabilidade”, indicou. Fernández tamén quixo agradecer a colaboración da vintena de empresas que apoian a organización desinteresadamente e das ducias de colaboradores que estarán presentes esta fin de semana no Multiusos Fontes do Sar para que todo funcione correctamente.

25 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito