Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Axudas DGAN 2021 para os que o Covid-19 deixou sen poder competir

A nova convocatoria acada os 200.000 euros e chegará a dúas centenas de deportistas

Santiago. A Secretaría Xeral para o Deporte, a través da Fundación Deporte Galego, vén de publicar no Diario Oficial de Galicia as Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel 2021. Desde a súa creación no 2005, o importe total das axudas ascende a máis de 5,8 millóns de euros, beneficiando a cerca de 850 deportistas. Coa convocatoria para 2021, que acada os 200.000 € de orzamento e chegará a unhas dúas centenas de deportistas, as Axudas DGAN da Xunta sumarán seis millóns e ao redor dun milleiro de deportistas beneficiados.

A convocatoria ten seis tipos de axudas: DGAN 1 (ata 8.000 €); DGAN 2 (ata 6.000); DGAN 3 (ata 4.000); DGAN 4 (ata 2.000); DGAN 5 (ata1.000) e DGAN 6 (ata 1.000 €), e a Axuda D.A. Deportista de apoio/guía (100% da axuda DGAN), novidade na convocatoria de 2020 en recoñecemento á colaboración con deportistas DGAN que compiten en deportes paralímpicos e adaptado.

A principal novidade agora é a inclusión da Axuda DGAN Compensación Covid- 19, de cara a intentar compensar os prexuízos causados pola inicidencia da pandemia. A axuda pretende seguir colaborando na preparación dos deportistas que xa tiveron axuda DGAN en 2020 e que non puideron competir por causas alleas á súa vontade, á cancelación de competicións oficiais ou corentenas por contaxio Covid-19.

Estas axudas serán asignadas segundo os resultados deportivos acadados durante o ano 2020 (non se valorarán en outros anos. ECG

10 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.