Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 25 febrero 2021
02:00
h

Boas marcas no regreso cunha dobre cita da SD Compostela Atletismo

Santiago. A SD Compostela Atletismo volveu competir a pasada fin de semana, en Ourense e Pontevedra. Os atletas disfrutaron, logo do parón obrigado pola pandemia.

En Ourense, na pista cuberta, Cielos, nos 60 metros, deixou o seu mellor rexistro no límite para romper os 9 segundos. E Emilio debutou na distancia cun gran papel.

A Pontevedra foron 20 atletas do club. Nos 3.000 m, Amador Pena marcou 9.07, a súa mellor ao aire libre. Brais Pérez debutou con 11.02, e Yago Iglesias brillou coma Jordi Carrasco, primeiro (9’55”).

Nos 1500, Iván Abeledo quedou preto da súa mellor marca, 4’35”; e na distancia Elena Veres acabou con 5’47”. Nos 800 m, Amador gañou con 2’03” e brillaron Gonzalo Cao e Simón Vigo. Brais Picón, Martín Muiño, Brais Pérez, Pedro Pazos e Jesús Cabo completaron.

Nas féminas destacaron en 800 Ainoa Gontán (gañou con 2’32”), Noa Taibo, Lara Castro, Sabela González e Candela Porto. ECG

24 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.