Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Bota a andar o programa Xogade da Xunta con 16 modalidades en liza

Santiago. Froito do continuo traballo coas federacións deportivas galegas e as agrupacións deportivas escolares, a Secretaría Xeral para o Deporte pon de novo en marcha o Programa Xogade (Xogos galegos deportivos en idade escolar) para o curso 2021/22.

Desta xeira as modalidades convocadas serán 16 como atletismo en pista, bádminton, baloncesto, balonmán, campo a través, dúatlon, fútbol sala, multixogo 6-8, natación, orientación, patinaxe artística, piragüismo-dragóns, tenis de mesa, voleibol, xadrez e xogando co atletismo. Tanto a súa participación coma o servizo de transporte serán totalmente gratuítos.

No caso da actividade federada, ata un total de 36 federacións deportivas galegas adhírense ao seguro deportivo de 6 a 16 anos que financia a Xunta.

Tamén se propoñen outras actividades ao abeiro do programa como: Coñece o meu club, Proxecto de vida activa e deportiva, Xogando coa auga e co vento, Xogos tradicionais e populares, ou o novidoso Espazo lúdico que propón un traballo colaborativo e inclusivo na clase, así como actividades de promoción de escalada, golf ou loita, ás que se engadirán deportes urbanos como breaking, skate ou BMX consonte a evolución da demanda deportiva nos últimos anos. ecg

14 oct 2021 / 17:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.