Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Brilla o MillaRaio no Nacional sub-14 por conxuntos de Gijón

Nuno Castro, ouro en lonxitude e prata en xavelina // Récord máster en 10 km para Esther Pedrosa

Foi excelente o rendemento dos cinco equipos galegos a pasada fin de semana en Gijón, no Campionato de España sub-14 por equipos. A el acudiron Atlética A Silva e Atletismo Narón na categoría feminina e Marineda Atlético, Ourense Atletismo e A. MillaRaio na masculina. Destacou especialmente o equipo do Milladoiro, e entre os seus integrantes, con luz propia Nuno Castro: gañou o concurso de lonxitude con 5.31 metros e acadou a segunda posición no lanzamento de xavelina con 33.38 m. Todo un valor en alza da canteira galega.

Nos 1.000 m Alex Sierpes, do Ourense Atletismo, gañaba cun formidable rexistro de 2:44.52, e subiron ao podio as atletas do Narón Antía Otero, segunda en peso, e Noa Díaz, terceira nos 2.000 marcha.

Na clasificación por clubs na categoría masculina importante posto para o Marineda Atlético, noveno; décimo terceiro foi o MillaRaio e vixésimo o Ourense. Na feminina, noveno o Narón e décimo quinto A Silva.

MÁSTER A santiaguesa, concelleira de Deportes, Esther Pedrosa competiu nos 10 km Villa de Laredo en ruta cun fantástico resultado, un máis que engadir ao seu impresionante palmarés nacional e internacional: a atleta do Playas de Castellón estableceu, con 40.29, un novo récord de España na categoría F60.

Xa no domingo, no Campionato de España de Milla en ruta en Parla, título para o atleta do Burgas Ourense Domingo Álvarez na categoría M65 cun rexistro de 5:34, novo récord galego. Ángeles Ripoll (C.A. Sada) foi cuarta na categoría F60 con 7:06.

COMPOSTELA. O atleta da SD Compostela Atletismo Nuno Costa segue en plena forma: na Media Maratón Ruta de la Reconquista, en Cangas de Onís (Asturias), gañou e bateu o récord da proba: deixouno en 1h06’05”.

Ademais, en Pontevedra, baixo unhas condicións atmosféricas de calor e humidade moi duras, disputáronse a Media Maratón e os 10k da cidade do Lérez. Pola SD, Jordi Carrasco marcou 1h13’; Martín Abelenda, 1h21’; Javier de Dios, 1h23’; Borja Cardesín, 1h27’; Fran Méndez, 1h29’; Manu Castiñeiras, 1h29’; e Segundo Dominguez, 1h41’.

Nos 10k Iván Abeledo foi o máis rápido dos atletas da SD Compostela, con 37’20”; Gerardo Cachafeiro chegou a pouca distancia, 37’28”; María Limeres, 48’18”; Juan Botana, 48’33”; Nuria Mejuto, 50’49”; e Álvaro Rodríguez, 52’51”. Tamén en Pontevedra competiu Emilio García, 58.70 nos 400 metros lisos.

20 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.