Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Brillaron o Santiago e a SD Compostela no Galego de cros

Triunfos na categoría absoluta (Nuno Costa) e por equipos na sub-23 masculina e feminina

No seu debut no Campionato de Galicia de Campo A Través de Clubs, o pasado domingo en Pontevedra, a SD Compostela conseguiu un resultado histórico ao alcanzar o podio en dúas categorías, bronce o equipo sub-20 e oro na absoluta masculina, con Nuno Costa (segundo foi Alejandro Fernández, do Ourense, a máis de 40 segundos). A a SD presentou 17 atletas; na cita compitiron 400.

Con sol e boa temperatura na Illa das Esculturas de Pontevedra, sobre un circuíto na maior parte de herba e terra chan, no relevo mixto ShailaMuñiz, Nuria Mejuto, Jose Sandá e Manu Castiñeiras, da SD, remataron sétimos. Por equipos, en sub-20 a SD foi terceiro (Brais Pérez, oitavo; Hugo Taibo, noveno; Nico Díaz, undécimo; Iván Abeledo, duodécimo; e Christian Sanjurjo, décimo quinto).

Na proba absoluta, JordiCarrasco acabou duodécimo; Amador Pena, décimo terceiro; Cristian Muíño, décimo sexto; e Sindo González, trixésimo. Con estes resultados, tanto o equipo absoluto como o sub-20 da SD están de primeiros reservas para poder participar no vindeiro Campionato de España de Campo a Través do día 21 en Sevilla.

ÉXITO. Tamén tivo unha gran actuación o Club Atletismo Santiago. Destacou a victoria na categoría sub-23, masculina e femenina. E ambos equipos do club estarán no Campionato de España.

Na categoria feminina sub-23 compitiron Marian Ferrán (gañadora individual), Patricie Viadel, Cristina Torres, Inés Portela e Ana Carsi. Os campiones galegos sub-23 foron Antón Gómez, Roberto Trigo (campión), Jacobo Dopazo, Marcos González e Antón Díaz. Na categoria absoluta, o mermado equipo masculino foi quinto. E Valeria Guridi, decimoquinta sub-18.

FESTA. Na categoría sub-16, unha das atraccións do campionato, Xela Martínez, sumaba un novo título autonómico con superioridade. Por clubs a Atlética Lucense lograba o título, cun triplete no podio formado pola propia Xela e por Amparo Corredoira e Sara Guedes. Na masculina, emocionante chegada entre Ricardo Negrete do Ría Ferrol quen se impuxo tanto a Teo de Frutos do Lucus Caixa Rural como a Sergio Quintas de C.D. La Purísima. Por equipos gañou Cedeira Muebles García.

Na categoría sub-18 tanto Carolina Santos do Ría Ferrol como Pedro Vázquez do RC Celta proclamábanse campións galegos. Na categoría masculina sería a prata e bronce para Antón Martínez da Atlética Lucense e para Mateo Rodríguez do RC Celta, cuxo club sería precisamente o vencedor na categoría masculina. Por equipos femeninos sub-18 o título foi para conxunto do Ourense Atletismo.

10 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.