Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Brillou o fútbol galego no difícil curso da covid

Máis de 97.000 licenzas e de 5.300 equipos nesta tempada 2019/2020

A Real Federación Galega de Fútbol puxo o peche ao exercicio deportivo correspondente á tempada 2019/2020 coa disputa da gran final da fase de ascenso exprés á categoría de bronce do fútbol español, o que a propia RFGF definiu coma “un playoff único nun escenario único: o estadio Abanca Balaídos”, así como as fases de ascenso na especialidade de fútbol sala. Foi unha tempada marcada pola pandemia da covid-19, “que nos obrigou a reiventarnos a todos e que puxo patas arriba todos os plantexamentos existentes, tamén no fútbol”, destaca o ente.

Pero a RFGF no pode deterse, segue traballando cada día coa mente posta na próxima campaña. O deseño do plan competicional, a atención permanente aos clubs nunha situación tan complicada como a actual, os orzamentos en época de covid-19 e a incerteza coa que se expón o futuro mandan agora.

A tempada 2019/2020, que se clausurará oficialmente coa Asemblea Xeral en próximas datas, foi unha campaña atípica e marcada, evidentemente, pola expansión do covid-19, remarca a RFGF no seu balance. “A pandemia freou en seco o desenvolvemento das diferentes competicións no último trimestre do curso”, recorda. Antes da chegada do virus, “a tempada deixounos imaxes para o recordo. No plano institucional, a 19/20 non foi unha tempada calquera para a RFGF, posto que o pasado mes de novembro celebramos o noso 110 aniversario coa visita do presidente da RFEF, Luís Rubiales, a Santiago de Compostela.

No plano deportivo, o exercicio tamén foi histórico: a selección galega de afeccionados proclamouse campioa da fase nacional da Copa das Regiones UEFA en Madrid, os distintos combinados femininos competiron a un grandísimo nivel e entre os masculinos o elenco sub-14 clasificouse para a fase final dun Campionato de España que xa non se celebrará debido á pandemia.

EN CIFRAS. O número de clubs e de licenzas segue medrando tempada tras tempada, a integración do fútbol sala na RFGF é total e a aposta polo fútbol feminino, histórica. O número total de clubs na RFGF durante a tempada 2019/2020 ascende ata os 1.145, e de todos eles xorden un total de 5.318 equipos.

En canto ás licenzas, o presente curso péchase cun total de 96.034, unha cifra que segue situando ao fútbol galego entre os cinco primeiros de España, só superado por Cataluña, Andalucía, Madrid e a Comunidade Valenciana, aínda que moi preto desta última. Pola ratio fichas-poboación, a primeira.

Tamén cada ano son máis os que optan por integrarse na gran familia do Comité Técnico de Árbitros da RFGF. En números exactos, a familia arbitral de Galicia estivo formada durante a presente tempada por 1.379 colexiados.

02 ago 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.