El Correo Gallego

Noticia 23 de 457 noticia anterior de Carreira Pedestre Deportes » Carreira Pedestre  |   RSS - Carreira Pedestre RSS

Fontes do Sar, máis que un club de atletismo

Na entidade ocúpanse de que os máis pequenos fagan os deberes e de que se respire un bo ambiente // Os pais tamén poden adestrar mentres os cativos son atendidos // A Carreira Pedestre no punto de mira como a cita máis importante do ano.

SILVIA CASTIÑEIRAS. CORREO TV  | 21.10.2018 
A- A+

Leva uns 9 anos en funcionamento, dende que un grupo afeccionado ás carreiras populares decidiu crear unha escola. Trátase do Club de Atletismo Fontes do Sar, unha entidade que foi medrando ata contar agora con máis de 200 persoas, de todas as idades. Con tal cantidade de xente hai que organizarse ben para adestrar. As sesións comezan ás 6 da tarde no estadio de San Lázaro facendo turnos para que todos os grupos practiquen as diversas disciplinas do atletismo. E para que ninguén perda de facer deporte, o club reinvéntase cada día, ofrecendo ata clases de apoio aos máis cativos para facer os deberes e gardería.

Unha das maiores satisfaccións deste club é ver como a xente que comeza nisto do atletismo se engancha, e para mostra só fai falta acudir a unha sesión para ver o bo ambiente que se respira.

Algúns aínda agardan para poder participar nalgunha proba, pero outros membros do club xa quentan motores de cara á que é para eles a gran cita do ano, a Carreira Pedestre Popular organizada polo Grupo Correo Gallego e que se celebrará o domingo 28.

Aínda quedan uns días para adestrar e prepararse e sobre todo para vivir un día de festa polas rúas compostelás.