Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Case 100 embarcacións polo Castrelo de Miño

ourense. O encoro de Castrelo de Miño acolle mañá o Campionato Galego de Remo de longa distancia, organizado pola Federación Galega de Remo e o Club Náutico Castrelo de Miño, e no que colabora a Deputación de Ourense. A presentación tivo lugar onte no Pazo Provincial, coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos; o vicepresidente da Federación Galega de Remo Miguel Balsa; o xefe provincial do servizo de Deportes da Xunta, Manuel Pérez; e César Fernández, vicepresidente segundo e responsable dos asuntos de cooperación cos concellos do Ribeiro. Este campionato galego terá lugar entre as 11.00 e as 14.00h -sempre que a néboa non adíe o seu inicio-, e reunirá a uns 150 deportistas de 14 clubs galegos, sumando un total de 97 embarcacións inscritas entre as diferentes categorías e modalidades. A distancia da proba será de 5.000m e ao remate producirase a entrega de medallas. V.Álvarez

04 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.