Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Comeza a reactivar o sector o Clúster da Industria do Deporte de Galicia

Dúas mil empresas deportivas xeran 1.200 millóns e 12.000 postos de traballo

Santiago. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo unha xuntanza de traballo coa xunta directiva do Clúster da Industria do Deporte e do Benestar de Galicia, tras a súa recente constitución en xaneiro.

Lete Lasa destacou que “Galicia é líder” nacional “en crecemento da participación cidadá na práctica deportiva, especialmente nas zonas rurais”. Estímase que case un 40% da poboación galega practica deporte habitualmente. O sector deportivo galego conta con máis de 2.000 empresas que xeran un volume de actividade superior aos 1.600 millóns de euros e 12.000 postos de traballo, sendo moitas líderes nacionais, e estando algunhas delas empezando internacionalmente. Galicia conta cun alto número de infraestruturas deportivas.

Coa COVID, o sector reduciu a súa actividade. O Clúster busca grandes proxectos sectoriais; fomentar a transferencia de coñecemento; propiciar a colaboración público-privada e instrumentos de financiamento; crear postos de traballo; fomentar a captación de investimentos; favorecer a internacionalización; proporcionar recursos, formación e asesoramento; e fomentar hábitos saudables. ECG

17 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.