Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Compromete a Xunta o seu aporte nun módulo exterior de atletismo en Negreira

VISITA O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou este xoves o concello de Negreira para coñecer as posibilidades de acometer un módulo exterior de atletismo. Na visita, o secretario xeral comprometeu a participación do seu departamento nunha futura instalación en colaboración co goberno municipal e o da Deputación da Coruña.

Con esta nova aposta, a Secretaría Xeral continúa coa súa liña de apoio a infraestruturas de atletismo de calidade, como a pista de atletismo cuberta de Ourense, cun investimento de máis de 3,5 millóns de euros, as obras de ampliación do Complexo Deportivo da Fieteira (Riberia) cuxa licitación xa está publicada, ou coa primeira pista de atletismo homologada da comarca da Mariña, que se levará a cabo no complexo deportivo da Veiga. ECG

17 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.