Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Congreso Internacional de Adestradores de Piragüismo

PONTEVEDRA. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou onte na inauguración do VIII Congreso Internacional de Adestradores de Piragüismo de Augas Tranquilas, II Congreso Internacional de Slalom e I Congreso de Kayak Polo que terá lugar ata mañá no Pazo da Cultura de Pontevedra. Lete Lasa asegurou que o piragüismo “é un dos maiores responsables, senón o maior, dos magníficos datos do deporte galego como demostran as preto de 6.000 licenzas coas que Galicia é líder nacional en practicantes e en número de clubs; ou a manchea de medallas acadadas polos padexeiros galegos neste verán”. Neste sentido, destacou a Galicia e a Pontevedra, como “as capitais mundiais do piragüismo”.

Diante dos relatores de recoñecido prestixio internacional, Lete Lasa tamén falou da importancia que os adestradores, as augas bravas e o kaiak polo teñen no éxito do piragüismo galego, porque “neses tres ámbitos tamén somos unha potencia”. ECG

29 oct 2022 / 00:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.