Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Conta atrás para a Volta a Galicia: catro etapas e final en Ponteareas

A carreira comezará o 15 de setembro e percorrerá case 600 quilómetros // Haberá saídas desde Poio, Taboada e Manzaneda // O Supermercados Froiz acadou a vitoria sete veces

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, presentou onte xunto co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, a XX Volta Ciclista a Galicia. Celebrarase a próxima semana, desde o 15 ao 18 de setembro, cun percorrido de case 600 quilómetros en catro etapas con saídas desde os concellos de Poio, Taboada, Manzaneda e Ponteareas.

Diego Calvo agradeceu a implicación da Federación Galega de Ciclismo na organización desta competición da categorías elite e Sub-23 do calendario nacional, así como dos clubs, deportistas participantes e patrocinadores.


ata 2,7 millóns en axudas a clubs deportivos
A Xunta tamén apoia a proba cunha achega anual no marco da colaboración coa federación. Ademais do apoio a eventos deportivos e ao patrocinio anual de equipos e deportistas de elite da comunidade, o Goberno galego destina este ano 2,7 millóns de euros en axudas a clubs deportivos da comunidade para equipamento e o desenvolvemento da súa actividade, con varios clubs ciclistas entre os beneficiarios.

Nesta liña, Calvo incidiu na importancia de eventos deste tipo para impulsar o ciclismo galego que cada ano acada unha maior afección e participación. De feito, esta “festa do ciclismo galego” tivo en distintas edicións como vencedores a nomes ilustres deste deporte como Delio Fernández, Miguel Induráin, Frank Vandenbroucke ou Andrew Hampsten.

Na súa intervención , o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes,amén puxo en valor a importancia do deporte para axudar á promoción turística da comunidade, neste caso para dar a coñecer as paisaxes e percorridos da Volta Ciclista a Galicia nas súas catro etapas.

a homenaxe que se lle rende a Magín Froiz. Respecto do inicio no concello de Poio, o vicepresidente segundo da Xunta destacou a homenaxe que se lle rende nesta ocasión a Magín Froiz, falecido o pasado marzo, coa saída da primeira etapa desde a súa vila natal.

Así, lembrou que o fundador do grupo alimenticio Distribucións Froiz foi un pioneiro que traballou de xeito incansable polo benestar galego desde a economía ata o deporte apoiando e patrocinando diferentes eventos deportivos. No que se refire ao ámbito deportivo, indicou que axudou a impulsar o ciclismo galego coa creación en 1987 xunto a Evaristo Portela do Grupo Deportivo Supermercados Froiz con grandes logros na categoría elite e sub-23. En concreto, na Volta Ciclista a Galicia acadou a vitoria ata en sete ocasións.

A Volta a Galicia consta de catro etapas nas que competirán 18 equipos cunha clara representación galega: 10 clubs.

XEOGRAFÍA. Entre as localidades que visitará a Volta figuran, na primeira etapa, Poio, Meaño, Cuntis, Pontecesures, Catoira ou Ribadumia; na segunda , Taboada, Monterroso, Portomarín, Sarria, Bóveda, A Pobra do Brollón, Monforte de Lemos e Chantada; na terceira, Manzaneda, A Pobra de Trives, A Rúa, Vilamartín de Valdeorras, O Barco de Valdeorras ou A Veiga; e na cuarta e última etapa da carreira, Ponteareas, As Neves, Fornelos de Montes, Mondariz ou Mondariz-Balneario.

07 sep 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.