Control de marcas para os atletas do Compostela no San Lázaro de Noia
Santiago. Os atletas da SD Compostela Atletismo participaron nun control de marcas organizado polo club Fontes do Sar, Millaraio e Club Atletismo Noia no San Lázaro de Noia
Nos 50 metros sub-10 Eric Iglesias mellorou a súa marca persoal, ao igual que Iara Torres, Lucía Taboada e Africa Gil, nos 60 metros sub-12. Tamén mellorou o seu rexistro anterior Diego Muñiz, nos 80 metros sub-14. Pola súa banda, Paula Pérez gañou a proba dos 1000 metros, cunha marca de 3:17”, mellorando ata en 13 segundos o seu anterior rexistro na distancia.
En adultos, Roi Porteiro participou, cunha marca de 29 segundos, nos 200 metros, unha proba na que caeu lesionado, polo que non puido tomar a saída nos 800metros, onde si estivo Amador Pena, acadando un rexistro de 2:02.
Os atletas da SD Compostela seguirán intentando mellorar as súas marcas nas vindeiras semanas, participando en novas competicións no territorio galego. ECG