Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Desta vai’ é a consigna do Xiria no seu sétimo intento de subir a Prata

Santiago. Desta vai é o lema do Calvo Xiria para o seu sétimo intento de ascender á División de Honra Prata masculina do balonmán español. O club carballés exerce de anfitrión na fase final que comeza hoxe no pavillón Vila de Noia, coa meta de que a misión prata chegue a bo porto.

A cita foi presentada onte na sede da Deputación da Coruña, que patrocina o evento. Participaron na mesma o propio presidente do ente provincial, Valentín González Formoso; o seu vicepresidente, Xose Regueira; a deputada da área de Deportes, Cristina Capelán; o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; e o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López. Tamén estiveron o cadro técnico e os xogadores que pelexarán polo ascenso.

Todos coincidiron á hora de mostrar confianza en que o Xiria logrará o seu obxectivo no seu sétimo intento e en desexar sorte ao conxunto carballés nunha fin de semana clave na súa historia.

BM Maracena será esta tarde (20.00 horas) o primeiro rival do conxunto anfitrión, que mañá sábado deberá xogar ante o Handbol Sant Quirze (17.30 horas) e pechará esta fase final contra o Levante Marni o domingo (13.00 horas). REDACCIÓN

04 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.