El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Deportes | deportes@elcorreogallego.es  |   RSS - Deportes RSS

O Alavés B, primeiro rival do Compos no play off de ascenso

Analizamos o comezo da promoción a 2ªB no programa de CorreoTV "Ao play off co Compos" // Comentan a situación neste primeiro espazo Manuel Castiñeiras, Director deportivo da SD, Sergio Pereira, xogador branquiazul e Iván Fernández, xornalista de El Correo Gallego

SILVIA CASTIÑEIRAS. CORREOTV  | 21.05.2019 
A- A+

A SD Compostela comeza a promoción de ascenso a Segunda B o vindeiro día 26 deste mes de maio. O rival para esta primeira ronda será o Deportivo Alavés B, un filial, repetindo de novo o sucedido o ano pasado cando os de Yago Iglesias tamén se enfrontaron ao filial do Espanyol.

Desta vez os branquiazuis non terán o "colchón" de ser campións de Liga, o que lles permitiu seguir nas seguintes rondas a temporada pasada a pesar de perder na primeira. O contrincante está adestrado por Iñaki Alonso, un vello coñecido en Santiago, xa que foi técnico da SD.

Analizamos ao rival e a situación do equipo co seu Director deportivo, Manuel Castiñeiras, o xogador Sergio Pereira e o xornalista de El Correo Gallego, Iván Fernández, nun programa conducido por Silvia Castiñeiras.