El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Deportes | deportes@elcorreogallego.es  |   RSS - Deportes RSS

BRETAÑA

Cita continental para a selección de fútbol gaélico

ECG  | 08.08.2018 
A- A+

As Seleccións Galegas de Fútbol Gaélico desembarcarán a vindeira fin de semana nunha nova aventura internacional coa disputa na Bretaña do primeiro Campionato Europeo de seleccións, que terá lugar no marco da programación do Festival Intercéltico de Lorient. Os combinados masculino e feminino acoden a este novo compromiso internacional coa intención de facer un bo papel e poñer de manifesto o crecente nivel do fútbol gaélico galego. Os EuroGames 2018 buscan potenciar o fútbol gaélico entre os nativos e, xunto cos galegos, competirán os conxuntos nacionais de Bretaña, Francia, Alemaña e Occitania. A fase previa terá lugar o sábado, en formato liguiña. Os dous primeiros pasan á gran final, que se xogará o domingo desde as 13.00 horas.