El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Deportes | deportes@elcorreogallego.es  |   RSS - Deportes RSS

Galicia: raíña do deporte celta

O fútbol gaélico cobra forza na nosa autonomía e sitúase coma un dos deportes boiantes do último lustro// A liga galega está recoñecida pola GAA, organismo de maior prestixio nesta disciplina, o cal busca manter aunada a tradición maila vangarda

As Fillas de Breogán e o Auriense disputando un partido da Liga Galega de Fútbol Gaélico pertencente ao pasado curso competitivo. No encontro impúxose o equipo herculino
As Fillas de Breogán e o Auriense disputando un partido da Liga Galega de Fútbol Gaélico pertencente ao pasado curso competitivo. No encontro impúxose o equipo herculino

PEDRO BREA  | 12.08.2019 
A- A+

Dende tempos recónditos, os celtas afincados nas terras de Breogán instauraron unha gran cantidade de tradicións culturais que aínda perduran nos nosos tempos. Da man das meigas e dos mesmos fillos do Rei celta, popularizouse en tódolos territorios con presenza desta cultura un deporte que, a día de hoxe, estase a revitalizar de novo na nosa autonomía, o fútbol gaélico.

Na actualidade, esta práctica é moi habitual na Bretaña francesa, Galicia e Irlanda, territorios con gran tradición celta, pero esta actividade tamén se esta comezando a espallar por tódolos continentes, tendo presenza en América, Asia ou Oceanía.

 


O FÚTBOL GAÉLICO. Este deporte nacido en Irlanda xógase en campos similares aos de fútbol inglés, só que un pouco máis grandes. Nel cada equipo conta con 15 xogadores, cuxo obxectivo é anotar tantos, ben sexa na portería, igual ca de fútbol, ou nos paus que sobresaen por riba desta, similares aos que se empregan no rugby. Os xogadores conducen o balón coas mans e cada 4 pasos han de botalo, pasalo ou darlle un toque co pé para poder proseguir a carreira. No que respecta as puntuacións, un gol na portería vale 3 puntos e un tanto nos paus superiores 1. Ademais, pódese anotar co pé ou coa man, sempre e cando sexa un remate ao primeiro toque.

No que se refire ás maneiras de quitar o esférico predominan tres: golpear o balón cun manotazo, empurrar ao rival co ombro ou un lixeiro placaxe máis laxo cos que se empregan no rugby. Por último, a pelota. Utilízase un balón de coiro, similar a un de fútbol, pero lixeiramente máis pesado, e con cuarteiróns horizontais, non con hexágonos ou pentágonos, e similares en aparencia ós balóns de voleibol. Pódese patear, así como executar pases coas mans, pero para realizalos golpéase a pelota cos cotobelos.

 


O gaélico en galicia. O fútbol gaélico chegou a terras galegas no ano 2010 da man de Wenceslao García Zapata, un profesor da Universidade da Coruña que tras unha viaxe a Irlanda, picado pola curiosidade, achegouse ata un estadio para coñecer cal era o deporte rei neste país. Tralo seu primer contacto con esta práctica quedou abraido de como se combinaban diferentes normas e movimentos de deportes coma o fútbol, o rugby e o baloncesto. Sendo tal a súa fascinación que nada máis chegar a Galicia decidiu fundar o primeiro equipo de fútbol gaélico da nosa autonomía, os Fillos de Breogán.

No ano 2012 creouse en Galicia a primeira liga de fútbol gaélico e na actualidade conta con 14 equipos espallados por toda a autonomía, entre os que destacan especialmente o Estrela vermelha santiagués e o Fillos de Breogán, da cidade herculina.

Por outro lado, cabe destacar que a maneira de xogar este deporte de Irlanda cara fóra varía, xa que aquí non se dispón de instalacións específicas para esta disciplina e adáptanse as de fútbol inglés. Debido a esta problemática en Galicia xógase 9 contra 9 en vez de 15 contra 15 como sucede en Irlanda.

A liga galega esta recoñecida pola GAA, Gaelic Athletic Association, coma un liga oficial e a selección galega é unha das potencias internacionais.

Na actualidade, a selección galega de fútbol gaélico é unha das referencias mundiais, e así o leva demostrando nos últimos anos, tanto en féminas como na categoría masculina. O combinado feminino logrou o bronce no Mundial de Irlanda, celebrado o mes pasado, mentras que os homes foron subcampións no Mundial de Abu Dhabi no 2015. Ambas seleccións encóntranse agora mesmo listas para disputar o Campionato Europeo que está a ter lugar en Lorient, no seno do Festival Intercéltico que se celebra anualmente na devandita cidade. Este ano contará ca participación dos equipos nacionais de Alemaña, Galicia, Francia, Bretaña e Gascuña.

 


OS VALORES. O fútbol gaélico é un deporte moi dinámico e contundente, pero se está caracterizado por algo é polo respecto que existe entre os xogadores mailos árbitros. Esto é debido a que nesta disciplina, coma no rugby, existe unha práctica denominada terceiro tempo, onde os planteis de ambos equipos mailo colexiado confraternizan despois do partido, ben sexa tomando algo ou falando entre eles para deixar atrás calquera tipo de problema acaecido no encontro e fomentar así a boa relación entre tódolos practicantes deste deporte.

O fútbol gaélico é un deporte tan antigo coma novidoso e, se por algo está caracterizado, é por ser frenético e vertixinoso. Os ritmos son moi altos e a mistura dos distintos deportes fano moi espectacular, tendo así cada vez maís protagonismo en Galicia.