El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Deportes | deportes@elcorreogallego.es  |   RSS - Deportes RSS

Lete Lasa asina os convenios coas agrupacións deportivas

ECG   | 25.05.2019 
A- A+

ESCOLARES O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou onte na xornada de traballo levada a cabo coas 31 agrupacións deportivas escolares de Galicia e na que se asinaron os convenios de colaboración para a práctica e o desenvolvemento da súa actividade no ámbito do deporte en idade escolar no marco do programa Xogade (Xogos Deportivos Galegos en Idade Escolar). O importe total dos acordos asinados ascende a 180.761 euros, incrementando o orzamento un 50 %.