El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Deportes | deportes@elcorreogallego.es  |   RSS - Deportes RSS

Máis de 240 inscritos na 'BTT OEA-Concello de Ames' de resistencia

O C.C. Os Esfola Arrós organiza a cita con participación por parellas ou individual

Unha das zonas do circuito da proba de Ames - FOTO: Os Esfola
Unha das zonas do circuito da proba de Ames - FOTO: Os Esfola

ECG   | 03.02.2019 
A- A+

Santiago. Máis de 240 persoas participarán hoxe na proba de resistencia BTT OEA-Concello de Ames 2019, unha cita organizada polo Club Ciclista Os Esfola Arrós, en colaboración co Concello e a empresa Team Relay.

En total son 243 os inscritos, dos que 78 farano por parellas e 165 realizarán a proba de forma individual. O percorrido, que sairá do parque do Pedregal de Bertamiráns, consistirá nun só recorrido duns sete quilómetros, cun desnivel positivo acumulado por volta de 90 metros. Haberá sete categorías e un total de 14 subcategorías. O itinerario consistirá nun circuíto semi-urbano con zonas con obstáculos, tanto naturais como artificiais, co obxectivo de aumentar o compoñente lúdico.

Unha vez rematada a proba, que comezará ás 10.00 horas, outorgaranse 55 premios entre os participantes que obteñan as mellores posicións en cada subcategoría. A entrega de dorsais comezará ás 8.30 horas e ás 9.45 a organización configurará as grellas de saída.