El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Deportes | deportes@elcorreogallego.es  |   RSS - Deportes RSS

ANDAINA

Máis de 400 anotados na 12.ª Bisbarra do Sar

REDACCIÓN   | 12.02.2019 
A- A+

A Asociación Colectivo Remonte, coa colaboración dos concellos de Rois e de Padrón e a axuda de Protección Civil Terras de Iria ou a Federación Galega de Montañismo -entre outros organismos-, organiza a duodécima edición da Andaina Bisbarra do Sar, que formará parte da Copa Galega de Andainas de 50 kilómetros. A cita terá lugar o vindeiro 6 de abril e hai xa anotados máis de 400 participantes malia que o cupo máximo previsto é de 600. Permanece aínda aberta a inscrición a través da web www.andainabisbarradosar.com., e pecharase o día 1 de abril ás 23.59 horas. A organización establece un tempo máximo de doce horas para os participantes que decidan facer a proba andando, mentres que tamén ofrece a opción de correr os 50 quilómetros, para o cal a Asociación Colectivo Remonte pon un tope de seis horas e media e un cupo máximo de cen prazas.









Galiofer es un portal de ofertas y descuentos en Galicia. Las mejores ofertas en Salud y Belleza, Hogar, Regalos, Restaurantes, Escapadas...