El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Deportes | deportes@elcorreogallego.es  |   RSS - Deportes RSS

O Obradoiro chega á vitoria 15 a costa dun Andorra máis endeble

Salvo os primeiros instantes, o conxunto santiagués foi máis intenso e tivo máis acerto de cara o aro // Kleber, Waczynski e Corbacho, o tridente que afundiu ó cadro andorrán

XOSÉ A. GARCÍA ANDORRA LA VELLA   | 17.05.2015 
A- A+

Andorra 65
 
Rio natura 74
 

Andorra: (15+21+11+18): Schreiner (3), Stojanovski (5), Betinho (3), Bogdanovic (8), Jawai (8) -inicial- Sada (6), Navarro (8), Bogris (6), Blanch (2), Green (10), Trias (5), Colom (1).

Rio Natura Monbus Obradoiro (22+19+17+16): Luz (8), Waczynski (16), Pumprla (2), Kleber (14), Triguero (2) -inicial- Pozas (2), Corbacho (14), Miller (4), Nankivil (0), Giannopoulos (10), Chagoyen (2).

Árbitros: Cortés, Sánchez Montserrat i Caballero. Eliminado Triguero do-Rio Natura Monbus.

Campo: Partido que se disputou no Poliesportiu d'Andorra, con 3.982 seguidores.

O Rio Natura Monbus Obradoiro acadou a victoria diante do Morabanc Andorra por 65 a 74 nun encontro no que ninguén se xogaba na mais co triunfo e que acabou tendo máis intensidade que bo xogo.

O equipo galego foi mais sólido, tivo mais acerto e tomou a dianteira xa no primero cuarto e non a soltou ata o final.

Ademais, o dinamismo galego rompeu axiña un bo comenzo do Morabanc Andorra, que se colocara 7 a 2 no marcador aínda que viu como o rival chegaba a poñerse sete puntos por enriba (10-17) a pouco máis de tres minutos para o final do cuarto.

A explosividade de Waczynski e a fiabilidade de Kleber baixo os aros xunto a algunhas pérdidas locais concedéronlle a iniciativa o Rio Natura Monbus que encontrou equilibrio no ataque e levouse o primeiro cuarto con merecemento (15-22). Igualáronse as cousas pouco a pouco no segundo acto. O Morabanc Andorra foi axustando a defensa pero foi un espellismo, xa que os de Moncho Fernández, encontrando sitio para o triple, superon mantenerse no partido e conservaron o marcador favorable (36-41) ata o descanso.

O Rio Natura fue mai efectivo que o Andorra nun terceiro carto que se lle atragantou os locais. Ademais, con Kleber, Waczynski e Corbacho de tridente anotador, os visitantes se levaron once puntos de ventaxa (47-58). No derradeiro cuarto pareceu temblar o Obra, que era incapaz de atar o partido pero so foi unha falsa alarma.