El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Deportes | deportes@elcorreogallego.es  |   RSS - Deportes RSS

O Obradoiro xogará contra o Real Madrid na semifinal da Supercopa

No outro partido quedaron emparellados o Barcelona e o Baskonia // O sorteo celebrouse no salón vermello de Raxoi e estivo conducido por Arlauckas // Raúl López confiado en chegar á final

SILVIA CASTIÑEIRAS. CORREOTV  | 12.09.2018 
A- A+

Esta mañá celebrouse no Salón Vermello do Pazo de Raxoi o sorteo das semifinais da Supercopa Endesa de baloncesto, que se vai desputar en Santiago os días 21 e 22 deste mes de setembro.

O Monbus Obradoiro xogará o venres 21, ás 21.30 fronte ao Real Madrid, mentres que a outra semifinal enfrontará ás 19.00 ao Barcelona e ao Baskonia. A final do sábado está prevista para as 19.15.

O acto estivo conducido polo exxogador Joe Arlauckas e asistiron representanes da ACB e dos clubs implicados. Antonio Martín, presidente da entidade, felicitou á cidade pola gran resposta do público ante a cita deportiva. 

Raúl López, presidente do Monbus Obradoiro estivo moi divertido co director deportivo do Real Madrid, Alberto Herreros, confiado en que serán os santiagueses os que pasen á final.