El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Deportes | deportes@elcorreogallego.es  |   RSS - Deportes RSS

Puntos de recollida de dorsais para a Sin-Son en Vigo, A Coruña e Santiago

Xa hai máis de 1.600 deportistas inscritos na Carreira Popular do día 23 deste mes

Unha imaxe da carreira Sin-Son 10K disputada o 17 de decembro do ano 2017 - FOTO: S. E.
Unha imaxe da carreira Sin-Son 10K disputada o 17 de decembro do ano 2017 - FOTO: S. E.

ECG   | 07.12.2018 
A- A+

Santiago. Mañá é o último día para aqueles que o inscribirse na Carreira Popular Sin-Son 10K, que vaise celebrar o día 23 entre Portosín y Porto do Son, decidan recoller os seus dorsais nas cidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Entre os días 11 e 15 de decembro os participantes da proba poderán recollelos en Marathon Running Shop de A Coruña, en Bikila Vigo ou en Vicente de la Fuente na capital galega.

Para as inscricións posteriores ao 7 de decembro mantéñense as datas e lugares de recollida habituais, ou ben o día 22 de decembro na Feira do Corredor (Casa da Cultura de Porto do Son) ou o mesmo día da carreira de 8.30 a 10.30 horas en Portosín.

Os corredores poderán atopar, xunto o dorsal, a camiseta que lucirán este ano durante a xornada deportiva e que será o recordo dun día inesquecible.

A dúas semanas da carreira, entre os máis de 1.600 participantes inscritos, xa hai máis atletas confirmados que voltarán a correr mirando ó mar. Como Nuno Costa (gañador en 2017 con récord na carreira, 29'28"); David Santos (segundo en 2016 e 2017); Ester Navarrete (campeona en 2016 e 2017 con récord, 34'35"); Antón Ruanova; Alejandro Fernández; as irmás Brea, Edymar e Joselyn), xunto ao seu adestrador, Omar González; Iván Roade; ou Yolanda Gutiérrez.

Este ano o atleta invitado será o olímpico Carles Castillejo, campeón de España en 5.000 e 10.000 metros, media maratón e maratón. Máis prestixio para una gran proba.