El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Deportes | deportes@elcorreogallego.es  |   RSS - Deportes RSS

A terceira ArousaMan celebrarase o vindeiro 27 de xullo

FOTO: ECG
FOTO: ECG

REDACCIÓN   | 16.05.2019 
A- A+

Presentouse onte a terceira edición da ArousaMan, travesía a nado que se celebrará o vindeiro 27 de xullo co obxectivo de concienciar á sociedade na loita contra o dano cerebral. A saída será dende O Grove e a meta establecerase en Coroso, no Concello de Ribeira. Está prevista a participación duns corenta nadadores, entre eles deportistas naturais de Arxentina, Italia ou Reino Unido.