El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Deportes | deportes@elcorreogallego.es  |   RSS - Deportes RSS

Tres ouros para o arzuano Lolo Penas no Europeo de atletismo máster de Italia

Galicia regresou con 15 medallas // Esther Pedrosa sumou un bronce e unha prata

Lolo Penas na Carreira da Costa da Morte - FOTO: Gallego
Lolo Penas na Carreira da Costa da Morte - FOTO: Gallego

ECG   | 17.09.2019 
A- A+

Santiago. Gran bagaxe para o equipo galego que participou estes días nos Campionatos de Europa máster que se desenvolveron en Italia. Un total de 15 medallas foi o botín dunha cita na que destacou ó atleta de Arzúa Lolo Penas, quen conseguiu ata tres medallas de ouro convertíndose no claro dominador das distancias longas a nivel continental da categoría máster 40.

O atleta do C.A. O Pino logrou os triunfos nas probas dos 5.000 metros (15:08.93), nos 10.000 (31:57.51) e nos 10 km ruta onde o seu rexistro de 31:00 representaría un novo récord galego máster.

Asimesmo o atleta do Marineda Juan Morales del Castillo sumou o ouro no Europeo máster 35 na proba dos 5.000 marcha (21:42.59) e completou o seu excelente campionato ca prata nos 10.000 m logo de rematar a proba cun tempo de 41:57 que representa a mallor marca autonómica da categoría. Nesta mesma distancia sumaría tamén a prata por equipos.

Outro dos atletas que subiría por dúas veces ó podio foi Manuel Hurtado, da Gimnástica, para recoller as pratas tanto dos 5.000 m (14:48.55) como na media maratón (1h.01.53).


Doblete. Ademáis, a tamén concelleira de Deportes de Santiago Esther Pedrosa, sempre en todos os podios, voltou co bronce no cros e ca prata nos 1.500 con 5:16.26, ambas na categoría máster 55.

A máster 35 do A.F. Celta Emma Valencia fixo valer súa calidade para impoñerse na sempre difícil proba dos 100 valos (14.94), e de novo Emilia Mesa, quen tomou parte nas probas de peso (6.ª con 8.25) e disco (10.ª con 19.93) foi bronce no concurso da xavelina (26.24 m).

Xa por equipos, no cros Galicia sumou a prata con Emilio Gonta na M70 e os bronces para Soledad Castro na W50 e Rafael Rodríguez na M55.