Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 17 septiembre 2021
02:13
h

Forma a Deputación a clubs e entidades da provincia no uso das diferentes redes sociais

Santiago. A Deputación da Coruña formará aos clubs e entidades deportivas da provincia no uso das redes sociais como plataforma para dar a coñecer a súa actividade e fomentar a práctica do deporte. Heberá sete cursos de seis horas de duración, distribuídos nas distintas comarcas e cun máximo de 50 participantes por curso. Serán de balde.

A primeira xornada, os días 6,7 e 8 de maio. Todas se celebrarán en xoves e venres, de 18:00 a 20:00 horas, e os sábados, de 11:00 a 13:00. As inscricións poderán realizarse no Rexistro da entidade provincial ou a través da sede electrónica.

O obxectivo é que os responsables de comunicación das entidades e clubs deportivos coruñeses melloren as súas competencias no eido da análise dixital, así como as súas rendibilidades, e aproveiten o gran potencial das redes sociais para dar a coñecer as súas actividades, eventos e competicións.

Entre os contidos: cómo xestionaras redes sociais, ferramentas para un mellor posicionamento nos buscadores, cómo producir contidos para as plataformas ou cómo emitir en streaming as actividades do club, explicou Cristina Capelán, deputada responsable da área de Deportes.ECG

07 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.