Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Joselyn e Edymar Brea representarán a Galicia no campionato de España de campo a través

A Coruña. A proposta do Responsable e do director técnico da Federación Galega de Atletismo, convócanse aos integrantes da Selección Galega de campo a través para tomar parte esta fin de semana no campionato de España por Federacións na localidade biscaina de Ortuella.

A esta importante cita acuden un total de corenta galegas e galegos para as categorías absoluta, Sub23, Sub20 e relevos mixto, cuxo obxectivo será estar nas zonas importantes da clasificación á que tamén aspiran os máis de medio milleiro de atletas en representación das dazasete comunidades autónomas.

Por parte do combinado galego, destaca na categoría absoluta feminina a presenza das internacionais Ester Navarrete, do Celta, e as irmáns Joselyn e Edymar Brea xunto ás cales estará a campioa galega da modalidade, Laura Santos, intentando conducir á selección a un dos postos importantes do campionato. Pola súa banda, o campión galego de campo a través, o lucense do Lucus Esteban Iglesia, será o encargado de liderar o combinado absoluto masculino. O estradense El Mehdi El Naboaui, en excelente estado de forma,, será a baza máis importante no equipo galego Sub23. Redac.

25 ene 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito