Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lete gaba o traballo e as responsabilidade das federacións galegas

Xa está en marcha un protocolo marco conxunto para todos os deportes de auga

Santiago. A Secretaría Xeral para o Deporte continuou esta semana coa súa serie de encontros virtuais con todo o tecido deportivo galego para estudar as diferentes medidas a tomar para minimizar os prexuízos da declaración do estado de alarma por mor do coronavirus no eido deportivo. Nesta quenda tocoulle ás federacións deportivas galegas de motociclismo, motonáutica, xadrez, tiro con arco, tiro olímpico, tenis de mesa, pádel, tenis, kung fu e kickboxing, ademais dunha xuntanza global con todas as federacións náuticas.

Con todas elas, o secretario xeral abordou a súa situación financeira e principais necesidades, ademais de avanzar no Plan de Reactivación do Deporte Galego cuxa ferramenta Fisicovid-DXTGalego xa está en marcha para a identificación de situacións de contaxio na práctica do deporte galego. O secretario xeral gabou a responsabilidade e o traballo das federacións deportivas galegas que, na súa maioría, xa contan cun protocolo propio de volta á actividade.

Destacou a xuntanza coas federacións deportivas de actividades subacuáticas, motonáutica, vela, piragüismo, natación, salvamento e socorrismo, esquí náutico, remo, surf así como a Ufedega, que foron informadas das diferentes reunións da Xunta co CSD e a falta de resposta desta institución ante as cuestións expostas desde Galicia. Deste xeito, Secretaría Xeral e federacións acordaron traballar nun protocolo de volta á actividade para os deporte náuticos xa que o CSD non é consciente desta realidade e necesidade do deporte galego.

“Elaboraremos un protocolo marco para todos os deportes náuticos e de auga porque en breve poderán desenvolver a súa actividade”, dixo o secretario xeral.

No axedrez, por exemplo, trabállase xa na posibilidade de retomar a actividade en xullo, coa continuación dos campionatos en idade escolar en Granada segundo a previsión da Federación Española. En consecuencia, con carácter previo en Galicia teranse que celebrar os clasificatorios. ecg

23 may 2020 / 21:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito