Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lete Lasa comparece no Parlamento para repasar o estado do deporte na comunidade

O secretario xeral explicou as medidas de apoio aos núcleos de adestramento e o inicio do novo curso no CGTD

Santiago. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, compareceu a petición propia ante a Comisión 1.ª do Parlamento de Galicia para informar sobre o estado de situación do deporte na comunidade autónoma e sobre as próximas medidas a desenvolver pola Secretaría Xeral.

Lete Lasa deu conta dos pormenores do alto nivel en Galicia, destacando os actuais 458 deportistas afectados pola nova regulación legal da materia existente na comunidade autónoma, logo da recente publicación no diario oficial da Orde do 23 de xuño pola que se establecen os criterios técnico-deportivos para a obtención das condicións de persoa deportista de alto nivel, alto rendemento deportivo e rendemento deportivo de base, e os criterios deportivos para o recoñecemento dos núcleos de adestramento deportivo especializado. O secretario xeral apuntou como o novo marco permite establecer medidas coas que garantir unha “rede mais sólida e ampla de protección e de fomento do deporte alto nivel”.

Lete tivo especiais palabras de agradecemento para os galegos e galegas que participaron nos pasados Xogos de Tokio 2021: “Seis medallas e 10 diplomas olímpicos, e 5 medallas e 15 diplomas paralímpicos, nunha delegación española con 39 galegos e galegas, son os éxitos do noso deporte na elite mundial, uns resultados dos que toda Galicia se sente orgullosa”, remarcou o secretario xeral.

O responsable de deportes da Xunta avanzou tamén as próximas actuacións no novidoso ámbito dos núcleos de adestramento deportivo especializado que, nas súas palabras, “posibilitarán expandir os programadas de tecnificación, en coordinación co Centro Galego de Tecnificación Deportiva, cara os clubs e as Federacións Deportivas”, e abordou o inicio do novo curso do CGTD de Pontevedra, do que se destacaron os incrementos da presenza do deporte feminino -as deportistas de tecnificación pasan de 45 no curso 2020/21 a 50 do actual- e das modalidades no Centro –de 12 na tempada anterior a 14 agora-. ecg

23 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.