Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lete Lasa e Sofía Toro impulsan a industria deportiva de Galicia

Xuntanza entre o secretario xeral e a campioa olímpica, nova xerente do Clúster

O secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, vén de manter unha xuntanza de traballo coa campioa olímpica de Elliot 6 metros nos Xogos de Londres, Sofía Toro, na súa condición de nova xerente do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, que estivo acompañada polo presidente da entidade, Miguel Valín.

Este primeiro encontro entre o secretario xeral e a xerente do Clúster representa un novo paso dun traballo intenso que tivo o seu inicio neste 2021 coa constitución do Clúster e significa un importante fito de cara a profesionalización da entidade.

Nas verbas do mandatario galego, “estamos no momento axeitado para reivindicar a industria do deporte e para sacar peito da nosa fortaleza, pois o deporte galego ten un importante peso na economía galega e estamos ante o momento de visibilizalo”.

UNIÓN. O secretario xeral e a xerente do Clúster coincidiron nos obxectivos fundamentais da entidade como impulsar a posta en marcha de servizos innovadores, de calidade e sostibles; deseñar grandes proxectos sectoriais; fomentar a transferencia de coñecemento; propiciar a colaboración público-privada e a posta en marcha de instrumentos de financiamento; crear postos de traballo; fomentar a captación de investimentos; favorecer a internacionalización; proporcionar recursos, formación e asesoramento: así como fomentar hábitos saudables.

O deporte galego representa o 2,5% do PIB de Galicia, cun volume anual de negocio que ronda os 1.600 millóns, e que xera arredor de 12.000 postos de traballo.

Sofía Toro e Miguel Valín trasladaron a situación actual do Clúster e a visión e inquedanzas do global da industria galega do deporte. “Iniciamos un período de moita actividade no que queremos dar un forte impulso á industria do deporte, queremos trasladar ao conxunto da sociedade a enorme relevancia social e económica que temos desde fai anos e amosar as potencialidades do sector no futuro de Galicia”, salientou Sofía Toro.

O encontro rematou co compromiso común de colaborar en proxectos e eventos futuros que sirvan para darlle ao deportegalego o impulso que está a demandar.

ATLETISMO
EN CERVO, PRIMEIRA PISTA HOMOLOGADA DA MARIÑA

··· Lete Lasa, visitou onte as instalacións deportivas da Veiga, no Concellode Cervo, na compaña do seu alcalde Alfonso Villares. Ambos dirixentes exploraron as

posibilidades de aproveitamento das pistas existentes e acordaron impulsar conxuntamente a primeira pista de atletismo homologada da comarca da Mariña. Deste xeito, a nova instalación xuntará a tecnoloxía máis moderna xunto a aposta por unha infraestrutura de calidade como a xa existente mediante a súa optimización. Na iniciativa teñen moito que ver os éxitos de Adrián Ben.

10 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.