Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lete Lasa representa a Galicia na Comisión Sectorial citada polo CSD

Defende o secretario xeral a constitución dun grupo para facer a ordenación de fondos

Santiago. O secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá do martes da reunión da Comisión Sectorial do Deporte, organismo convocado polo Consejo Superior de Deportes (CSD) xunto cos restantes responsables de deporte das distintas comunidades e cidades autónomas.

No curso da reunión, o presidente do CSD, José Manuel Franco Pardo, informou aos asistentes sobre o informe de situación e o Plan de recuperación do deporte español elaborados polo organismo estatal, basicamente centrados na afectación da pandemia de COVID-19.

O presidente do CSD desglosou as tres inversións do proxecto: o plan de Digitalización do sector deporte (75.6 millóns), o plan de Transición Ecológica de instalacións deportivas (146,5) e o plan Social do Sector Deporte (77,8.

Pola súa parte, e na súa quenda de intervención, o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia solicitou, cara o inicio da próxima tempada, unha maior coordinación para o establecemento de medidas e protocolos comúns ás competicións de ámbito estatal, na garantía da seguridade das competicións, para público e participantes e da igualdade de oportunidades para todos os deportistas e clubs.

Asemade, Lete Lasa requiriu dos responsables do CSD a constitución dun grupo de traballo para a ordenación dos fondos procedentes do Mecanismo para a Recuperación e a Resiliencia europeo e que, só nestes orzamentos 2021 do CSD, alcanzan os 49 millóns de euros.

Neste punto, o secretario xeral quixo recordar e poñer en valor o traballo realizado durante a pandemia polas administracións autonómicas, “que se esforzaron dobremente co labor do deporte autonómico e do deporte non profesional estatal”, apuntou.

A próxima reunión da Comisión Sectorial foi anunciada para o vindeiro mes de setembro. ECG /EFE

13 jul 2021 / 18:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.