Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 04 agosto 2020
18:11
h

Lete Lasa reuniuse cos clubes da categoría nacional

A Secretaría Xeral para o Deporte e a RFGF traballan nun protocolo de volta aos adestramentos que se aprobará para a semana

De acordo á petición que fixo o presidente da RFGF, Rafael Louzán, o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete Lasa, mantivo onte un encontro con todos os clubes que militan en categoría nacional. A necesidade de coñecer a situación actual no eido deportivo dada a situación sanitaria, analizar o regreso dos equipos aos adestramentos e dar resposta a todas as dúbidas plantexadas polas entidades, foi o obxectivo deste encontro que se celebrou unha semana antes da aprobación do protocolo de volta ao traballo realizado por ambas institucións.

Na cita compareceron os clubs galegos de fútbol da Segunda B e Terceira, os que militan na División de Honra Xuvenil e os femininos que competirán na Primeira e Segunda División así como os representantes na Primeira Nacional. Tamén no fútbol sala estiveron nesta xuntanza os directivos da Primeira e Segunda División, tanto masculina como feminina.

O primeiro que quiso deixar claro o Secretario Xeral para o Deporte é que no caso das categorías autonómicas “a actividade só poderá levarse a cabo cando existan garantías de seguridade e hixiene e non se produzan contaxios”. Tamén lembrou que a actividade escolar e federativa non será retomada ata setembro, sempre e cando o permita a situación. De feito, a Xunta, no que respecta ás categorías autonómicas, non permite agora mesmo o contacto físico e a competición.

Lete Lasa informou da carta remitida á presidenta do CSD xa que, “son aínda moitos os clubs, deportistas e federacións que continúan transmitíndonos o seu descoñecemento sobre a regulación das súas respectivas competicións”.

O venres reuníronse co CSD os diferentes organismos autonómicos, e quedou claro que a “única e exclusiva” competencia da institución que preside Irene Lozano é “a competición profesional e profesionalizada”. Lete Lasa solicitou ao CSD que “se aborde esta problemática sen máis dilación e coa atención que merece este sector do deporte español”.

Tras recoñecer todo o traballo e o esforzo realizado Lete indicou que retomaránse os contactos a próxima semana para abordar a nova situación e asegurar o cumprimento dos protocolos.

01 ago 2020 / 01:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.