Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lete: “O deporte será con protocolos e con tests ou máscaras ou non será”

Santiago. O secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, compareceu onte no Parlamento autonómico a petición propia para dar conta das actuacións levadas a cabo en relación coa pandemia de covid-19 e do estado actual do deporte galego. Lete defendeu que toda a actividade que se practica en Galicia “está protexida”, na “gran maioría dos casos” baixo a responsabilidade da Xunta, e salientou que “o deporte en Galicia será con protocolos e con tests ou con máscaras ou non será”.

O titular da Secretaría Xeral defendeu que o tecido autonómico neste eido “non deixou de traballar nin un só minuto” e remarcou tres liñas básicas na súa actuación: o consenso con todos os actores, o fundamento “en regras e criterios de expertos” e a priorización “da protección e a saúde da nosa poboación”.

No referente ao aspecto económico, Lete lembrou as actuacións do seu departamento para paliar as consecuencias da crise como o anticipo do pago dos convenios con todas as federacións autonómicas ou o mantemento das subvencións. Ademais defendeu o impulso ao deporte galego de alto nivel, coa maior cifra da historia (521 deportistas nesta categoría), as bolsas DGAN e, principalmente, o decreto aprobado recentemente que cualificou como unha das normas máis actuais e completas do Estado.

Na súa comparecencia no Parlamento, Lete Lasa informou sobre o novo Plan de Patrocinio da Fundación Deporte Galego, e asemade deu conta do acordo coa entidade bancaria Abanca por cinco anos máis e un total de cinco millóns de euros e do primeiro Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición Femininos.

Na súa alocución, Lete tamén se referíu ao protocolo FISICOVID-DXTGALEGO co que a Secretaría Xeral xa contaba cando Galicia abandonou o estado de alarma no pasado mes de xuño, e lembrou que o seu departamento leva elaborados ou aprobados preto de setenta protocolos para o ámbito deportivo.

O secretario xeral reiterou a petición de normas específicas ao CSD para o deporte non profesional de ámbito estatal e xustificou a esixencia de tests aos equipos aprobada pola Xunta. Tamén defendeu a obrigatoriedade da máscara na actividade federada autonómica por estar recomendada por expertos como medida de protección. ECG

30 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.