Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Máis de 150 persoas na IV andaina solidaria Ruta Porta do Canón do Sil

29 de maio. O vindeiro domingo 29 de maio daranse cita máis de 150 participantes na IV edición da andaina solidaria Ruta Porta do Canón do Sil. A proba está organizada pola Asociación Cultural Os Xuncos e conta coa colaboración da Deputación de Ourense e o Concello de Xunqueira de Espadanedo. O recadado na andaina irá destinado á investigación do cancro infantil e a enfermidade de Duchenne. A presentación desta proba tivo lugar esta mañá na sala de prensa do Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente primeiro da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Xunqueira de Espadanedo, Carlos Gómez; a presidenta da Asociación Cultural Os Xuncos, María Alonso; o director técnico da proba, Javier Garrido, e o organizador da andaina, Manuel Garrido.

A andaina, destinada para públicos maiores de 18 anos e menores acompañados, está deseñada para que os participantes poidan descubrir o patrimonio cultural e natural da Ribeira Sacra.

As inscricións da IV edición da andaina solidaria Ruta Porta do Canón do Sil. estarán abertas ata o día 24 de maio (prezo: 12 euros- poderán realizarse no Concello de Xunqueira de Espadanedo de forma presencial ou a na súa web. REDACCIÓN

19 may 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito