Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Máis de tres millóns en equipamento deportivo da Xunta desde 2019

Santiago. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández Tapias, supervisaron o material recibido polos equipos de Vigo e a súa área con cargo a orde de adquisición de equipamentos deportivos de 2020. En total, os equipos olívicos recibiron material por importe de preto de 200.000 euros entre o que destacan tres furgonetas e un minibus. Desde 2019, esta liña de subvencións axudou aos equipos galegos con 3 millóns de euros e máis dun centenar de furgonetas.

A Fundación Celta de Vigo adquiriu un minibus por importe de 97.380 euros; o Club Atletismo Feminino Celta, unha furgoneta por 20.000 €; o Club Minauta (furgoneta, 24.200 €); o Prado Surf Club (furgoneta de 25.000); a ADEscola Kiap de taekwondo (material por importe de 7.370); o Club As Rodas de Patinaxe Artística (material por 2.029.40; e o Club de Loita San Ignacio (material por importe de 9.653.71 euros); e a Federación Galega de Surf (furgoneta, 37.300 euros). ecg

28 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.