Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

María Dolores Rodríguez, nova presidenta do Comité Galego de Xustiza Deportiva

Santiago. O novo Comité Galego de Xustiza Deportiva (CGXD) constituíuse onte logo de catro anos sen renovarse. Por primeira vez este órgano estará presidido por unha muller, a avogada viguesa María Dolores Rodríguez, que xa exercera de vogal nos pasados oitos anos. Substitúe no cargo a Miguel Juane.

José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte da Xunta, participou no acto de constitución e aplaudiu a maior presenza feminina pois foron nomeadas as letradas Beatriz Seijo e Carmen López. “É unha excelente nova xa que os órganos decisorios deben de velar pola igualdade efectiva entre homes e mulleres”, salientou Lete na reunión, onde tamén recoñeceu o traballo e esforzo do presidente saínte do órgano “por un deporte galego limpo e ordenado”, pois resolvéronse máis de 350 expedientes en catro anos. Completan este novo Comité os catedráticos de dereito civil Ángel Luis Rebolledo Varela e Domingo Bello Janeiro.

O secretario xeral tamén incidiu en que o CGXD impulsará a súa sección arbitral para solucionar extraxudicialmente aqueles conflitos inherentes á actividade deportiva e que non estean incluídos entre as potestades delegadas públicas. Así, o seu grande obxectivo será mediar en conflitos de carácter deportivo dos que non ten coñecemento o Comité Galego de Xustiza Deportiva. REDACCIÓN

NOVAS RESTRICIÓNS
Reunión coas federacións

··· Lete Lasa presidiu unha nova reunión do Foro do Deporte Federado ‘Optimizando Sinerxías’ na que se abordou o decreto e a orde publicados no Diario Oficial de Galicia polos que se establecen medidas de prevención pola evolución da situación epidemiolóxica. O secretario xeral para o Deporte destacou a importancia dos 58 protocolos das federacións deportivas e amosou o seu convencemento de que tras este mes de maiores restricións os datos de Galicia mellorarán e, do mesmo xeito, gabou o “espírito de adaptación e de superación” amosado polo deporte galego ao longo da crise.

06 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.