Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 01 febrero 2023
01:20
h

Medalla de bronce para Nerea Pampín e o Club Keltoi no Henri Deglane

lucha. A Deportista Nerea Pampín, pertencente ao Club Keltoi de Vila de Cruces e becada no CGTD de Pontevedra, ven de acadar este pasado sábado 21 de xaneiro a única medalla para a selección nacional feminina absoluta, no prestixioso Torneo Internacional Henri Deglane. Nerea Pampín participou na categoría de -65 kg, gañando a súa fase de grupos contra as deportistas nadas en Alemania e Polonia, pasando, polo tanto, coma primeira de grupo. Na loita polas medallas, caeu ante outra representante alemana quedando as portas da final, gañando finalmente a medalla de bronce. Pola súa banda, Lydia Pérez gañou contra Alemania eposteriormente perdeu o segundo cruce contra Brasil. Foi así á fase de repesca, na cal gañou contra Polonia e perdeu a medalla de bronce, de novo contra Alemania. redacción

25 ene 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.