Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Multa de 600 € da Comisión a dous espectadores

VIOLENCIA O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presidiu onte unha nova xuntanza da Comisión Galega de Control da Violencia. Resolvéronse dous expedientes, con multas de 600 euros a un espectador do I Rali Mariña Lucense por acceder co seu vehículo a un tramo da vía restrinxido ao tráfico e a outro do partido de fútbol xuvenil entre o Velle B e o Seixalbo por insultar ao árbitro; neste caso engádese a prohibición de acceso a calquera recinto deportivo durante seis meses. Estudáronse dous expedientes sobre 28 espectadores no 51 Rali de Ferrol, e a tres espectadores da etapa da Vuelta Ciclista a España Mos-Puebla de Sanabria. ECG

29 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.