Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Negreira, Brión e Ames, sedes do campionato de España de voleibol junior

    25-29 DE MAIO. O Concello de Negreira será unha das sedes, xunto a Brión e Ames, do primeiro Campionato de España Junior de Voleibol, que se fará do 25 ao 29 de maio. Baixo a organización do CD Pai Faustino, os tres concellos albergarán A 24 mellores equipos. “Para nós, é un orgullo acoller probas deste tipo, reforzando a nosa aposta polo deporte e impulsando tamén a economía local e a sectores como a hostalería e os hoteis; Negreira demostrará unha vez máis que é un concello acolledor e con moitos atractivos”, di o alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez. Pola súa parte, o concelleiro de Deportes, Ivan Guardado, anticipa que “os equipos protagonizarán un torneo de moito nivel Cunha proposta da Federación Española de Voleibol que será seguro un éxito ”. No caso de Negreira, os partidos serán no pavillón Pedra Mámoa. ReDACCIÓN

    20 may 2022 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito