Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Núñez Feijóo felicita aos 16 paralímpicos galegos

RECOÑECEMENTO O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, felicitou aos dezaseis deportistas galegos paralímpicos polos éxitos acadados, exemplos de traballo, esforzo e superación, tras a súa participación nos Xogos Paralímpicos de Toquio 2020.

Durante a recepción, Feijóo garantiu o compromiso da Xunta non só coa visibilización da discapacidade, senón de cara a acadar unha verdadeira inclusión. Con este obxectivo recordou que a Administración autonómica ten duplicado o orzamento destinado á discapacidade ata chegar aos 126 millóns de euros neste ano; “e contamos cun dos sistemas educativos máis igualitarios de España, sendo unha das comunidades con máis alumnos con necesidades especiais integrados en aulas ordinarias, e lanzaremos tamén varias actuacións de transición ao emprego”, dixo, referíndose a posta en marcha da nova Oficina de Atención ao Deportista, para a tempada que vén. ECG

10 sep 2021 / 18:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.