Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O 15-X, fin do prazo para pedir o uso de centros municipais

Así o anunciou a concelleira Esther Pedrosa // A apertura das instalacións será progresiva

Alfonso Ruiz. Santiago

A concelleira de Deportes de Santiago, Esther Pedrosa, informou onte do plan de desescalada neste departamento, e anunciou que ata o 15 de xuño estará aberto o prazo de solicitude extraordinaria de uso das instalacións deportivas municipais.

É idea do Departamento ir recuperando a normalidade na actividade deportiva, en función das diferentes fases e das medidas de seguridade que se requiren en cada unha e os seus protocolos. Polo momento, a actividade deportiva realizarase baixo demanda e de xeito xustificado.

A apertura das instalacións será progresiva. Esta semana abríronse as pistas de atletismo do Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, e a próxima semana a actividade estenderase a un máximo de catro polideportivos e de dous campos de fútbol municipais.

Vai haber horarios e quendas para a utilización das instalacións. De luns a venres fíxanse tres quendas polas tardes: ás 17:00, 19:00 e 21:00 horas; e os sábados dúas quendas, ás 10:00 e ás 12:00 horas, pero neste caso só para os pavillóns e os distintos campos de fútbol.

As instalacións poderán utilizarse durante un máximo de 90 minutos. Por suposto, no acceso e no uso das instalacións, os usuarios e usuarias deberán cumprir uns protocolos de seguridade, limpeza, distancias de seguridade ou número de participantes, que poden variar segundo o deporte.

NOVIDADE. Pedrosa tamén anunciou que a partir do luns 8 de xuño estarán dispoñibles para o seu uso as tres pistas de pádel semicubertas de Sar, xa renovado o seu céspede artificial. Estas pistas tiñan un importante desgaste e o seu cambio era unha demanda inaprazable por parte dos xogadores.

PLAN DE FORMACIÓN. A concelleira deu conta da posta en marcha do plan de formación deportiva para este ano, dirixido fundamentalmente ás entidades deportivas do Concello de Santiago. No plan prestarase especial atención ás novas estratexias e ferramentas a seguir neste escenario creado pola pandemia da covid-19.

Estas sesións serán os días 15, 22 e 29 de xuño, ás 19:00 horas. Desenvolveranse a través de webinarios, en cada un dos cales poderán participar ata 400 persoas: 1.200 prazas. Vanse abordar Alimentación e deporte, Os deportes post-covid e Xestión dixital e comunicación. A inscrición é gratuíta, a través da web da Asociación Galega de Xestores Deportivos.

03 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.