Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O campo de prácticas de golf de Silleda abre grazas á alianza co Val de Rois

GOLF A colaboración entre o Concello de Silleda e o Club de Golf Val de Rois permitirá abrir a todo o público interesado o seu campo de prácticas de golf, que ademais acollerá cursos dende o vindeiro mes de febreiro.

O pasado luns o alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, e o presidente do Club de Golf Val de Rois, Ramón Otero, participaron nunha xornada de portas abertas na que tomaron parte numeros veciños de todas as idades. A partir da vindeira semana o campo situado na rúa L estará dispoñible para toda a veciñanza.

Cuiña deu as grazas ao club, que ofertará mellores condicións aos habitantes de Silleda, así como aos propietarios dos terreos pola súa cesión para levar a cabo un proxecto “co que Silleda segue avanzando na oferta deportiva”.

Dende febreiro o club de Rois impartirá clases cun prezo por persoa de 25 euros ao mes e aportando o material necesario, impartidas polo mestre Jacobo González. Os interesados poden inscribirse enviando un correo a info@silleda.gal.

Ademais na vindeira semana estableceranse os horarios de apertura para os veciños que desexen practicar o golf fóra do réxime de clases. O Concello de Silleda será quen se encargue do mantemento do campo. ECG

27 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.