Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 23 septiembre 2021
09:51
h

A SD Compostela Atletismo, no Campionato de España de media maratón

MEDIA MARATÓN Os atletas da SD Compostela Atletismo Amador Pena e Jordi Carrasco competiron no Campionato de España de media maratón, en Cantabria.

Tanto Amador coma Jordi foron na cabeza dun numeroso grupo durante boa parte da carreira. Amador, con marca persoal, foi 57.º (1h13’17”), e Jordi (1h13’54”) 64.ª, ambos entre os dez primeiros da súa categoría.

Ademais, no Trail da Carixa, Manu Castiñeiras e Jose Sandá foron quintos por relevos. Competiron individualmente Laureano Varela e Fran Méndez. ECG

15 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.