Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O deporte galego mira cara os fondos Next Generation para fuxir da pandemia

Leta Lasa presentou un webinar organizado polo Cluster, ó que felicitou por cumprir os seus obxectivos // Destacou a capacidade de recuperación do sector

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou na mañá deste venres o webinar Fondos Next Generation: Prescrición de Exercicio Físico, organizado polo Clúster Galego da Industria do Deporte e do Benestar.

O mandatario galego apuntou a importancia da recuperación do deporte que, en Galicia apenas se viu afectado durante a pandemia do coronavirus e nunca chegou a deterse “grazas aos protocolos FisioCovid - DxTGalego e ao excelente comportamento de todo o tecido deportivo”.

Neste sentido, Lete Lasa apuntou que, tan importante era a prevención e a precaución no momento máis virulento do coronavirus como o é agora o financiamento e o apoio para a súa recuperación total.

Deste xeito fitou cara os Fondos Next Generation que recibirá Galicia no compoñente 26 –Fomento do Deporte– que terán unha importancia capital para desenvolver actuacións que estarán orientadas a reparar os danos económicos e sociais causados pola pandemia.

Así, Lete Lasa salientou o investimento de dixitalización, en concreto a actuación sobre a prescrición de exercicio físico para a saúde e enumerou algunhas das liñas que se levarán a cabo desde a Xunta de Galicia para acadar os fitos esixidos polo Plan de Transformación, Recuperación e Resiliencia.

O secretario xeral para o Deporte felicitou ao Clúster por cumprir cos obxectivos polos que foi creado, “pola súa achega na contribución do deporte ao proceso de mellora social, económica e competitiva de Galicia” e mirou con esperanza cara a creación da Conta Satélite do Deporte, coa implicación do Instituto Galego de Estatística que, sen dúbida,servirá para profundizar no noso sector, identificando con rigorosidade e poñendo en valor a súa indubidable valía como xerador de riqueza para o conxunto do país”.

Lete Lasa destacou a potencialidade do sector deportivo –o 2,12% do PIB da Unión Europea e o 2,72% do total do emprego da Europa dos 27– e, nomeadamente, do sector deportivo galego do que destacou a súa capacidade de recuperación “despois dunha época de dureza sen precedentes, fundamentada en axudas específicas”.

23 sep 2022 / 20:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito