Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Pontevedra Trail League máis sostible incorporará tres probas

Trátase da única liga de montaña a nivel galego, e eliminará os plásticos dunha soa utilización

Santiago. O Pazo provincial da Deputación de Pontevedra foi o escenario escollido para presentar unha nova edición da “Pontevedra Trail League”, o circuíto de tres probas de trail que se desenvolve nos montes do sur da provincia de Pontevedra. Un ano máis, esta actividade que conta co apoio da institución provincial desenvolverase ao longo de todo 2023 en Monte Aloia (Tui), nos Muíños do Folón e do Picón (O Rosal) e no Monte de Santa Trega (A Guarda). O deputado de Deportes, Gorka Gómez, presentou a competición acompañado de Serafín Martínez, director deportivo do Trail League 2023; Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal; Montserrat Magallanes, concelleira de Deportes da Guarda; e Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui. As tres probas da “Pontevedra Trail League”, única liga de trail de montaña de Galicia, teñen unha distancia de entre 18 e 21 quilómetros e están organizadas por NOKO 360 en colaboración coa Deputación de Pontevedra e os concellos da Guarda, O Rosal e Tui. A primeira das competicións é o Trail do Aloia (Tui, 12 de febreiro), seguida do Trail Muíños do Folón (O Rosal, 5 de marzo) e, por último, o Trail do Trega (A Guarda, 19 de novembro). Cada unha das probas terá unha clasificación individual por tramos de idade, nas categorías masculina e feminina: sénior, de 18 a 39 anos; veterano/a I, de 40 a 49 anos, e veterano/a II, a partires dos 49 anos. val

08 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito