Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 20 septiembre 2021
00:59
h

Os clubes de Lugo sérvense de 400 mil € polo plan de patrocinio

A Xunta de Galicia puxo en marcha estas axudas aos equipos de alta competición no 2009

Santiago. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, asinou os contratos de patrocinio cos 24 equipos da provincia de Lugo participantes no Plan de Patrocinio Publicitario dos Equipos de Alta Competición de Galicia da Fundación Deporte Galego.

O secretario xeral destacou a importancia destes 24 equipos lucenses que amosan unha gran igualdade con 12 equipos masculinos e outros 12 femininos. En total, o Plan de Patrocinio deixa en Lugo máis de 400.000 euros (402.557,86 euros).

Lete Lasa apuntou a relevancia dun programa que comezou na tempada 09/10 con 80 equipos e un orzamento de 2,2 millóns de euros e que foi medrando ata acadar os 231 equipos patrocinados nesta última edición (125 masculinos, 99 femininos e 7 mixtos) e os 3,15 millóns de euros de orzamento global. En total, nas súas doce edicións, o Plan de Patrocinio ten chegado xa a 1.617 equipos cun total de 33 millóns de euros, grazas á inestimable axuda de Abanca, que grazas ao acordo acadado en 2020, seguirá colaborando co deporte galego de alto nivel ata o ano 2024, cunha achega total de 10 millóns de euros desde 2015.

Lete Lasa agradeceu a colaboración de Turismo de Galicia coa que vén de asinar un convenio por importe de 2,5 millóns para a promoción do deporte galego. Dese montante, 1,8 millóns irán destinados ao Plan de Patrocinio Publicitario dos anos 21 e 22. ECG

13 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.