Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os másters suman dous bronces ao botín galego

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CICLOCRÓS A falta da xornada de clausura de hoxe, o ciclocrós galego acumula oito medallas no Campionato de España que está tendo lugar na localidade cántabra de Torrelavega. O botín de metais da delegación autonómica aumentou onte cos bronces conquistados por dous corredores dos grupos de idade máster. Miguel Porto, representando ao Club Ciclista Ponteareas, finalizou terceiro nos máster-30A e a mesma posición ocupou José Rodríguez Tami, coas cores de Galicia, na táboa máster-40A.

O primeiro Campionato de España do 2021 baixará o pano hoxe. Como aperitivo ás dúas carreiras raíñas disputarase a sub-23 masculina, a partir das 9.30 horas, co alaricano Iván Feijoo defendendo a súa coroa estatal co maillot do equipo Nesta. O ourensán compartirá grella de saída cos ciclistas da selección galega David Fernández (Avanza-O Porriño), Ángel Maneiro (Vigo-Rías Baixas) e Borja Gómez (Ponteareas). As seguintes en entrar en escea serán as elite-sub23 e as juniors, desde as 11.30 horas, con catro corredoras do combinado de Galicia: a sub-23 Carla Fernández (Farto) e as juniors Laura Mira (Avanza-O Porriño), Sofía Álvarez (Cambre) e Sonia Domínguez (XSM).

Por último, Saúl López (Maceda) e Daniel López (Cambre) competirán na proba elite masculina (13.30 horas). ecg

10 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.